Segundo informa a páxina da Consellería de Innovación e Industria, o consello da Xunta aprobará hoxe, a instancias da citada Consellaría, a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellaría e as tres universidades galegas mediante o cal se financiará a posta en marcha e mantemento de oficinas de software libre nos tres órganos educativos.

Ademais, establecerase o marco de coordinación con Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. A cantidade que a Consellaría dispón para tal fin é de 240.000 euros.

Con este convenio realizaranse actuacións destinadas á creación e consolidación das oficinas de Software Libre nas tres universidades que respondan ás seguinte características: que conten cun coordinador a tempo completo responsable da coordinación con outras oficinas de software libre universitarias e o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza da Consellaría; contar cun coordinador e un equipo de apoio; a creación dun espazo web específico da oficina de software libre universitaria onde se recolla os seus obxectivos, estrutura, contacto e principais actividades; o compromiso de presentar nos dous primeiros meses de vixencia deste convenio un plano anual de actuación da oficina correspondente ao 2008 e 2009; e a proposición de novas iniciativas para o desenvolvemento do software libre no ámbito das súas institucións.

visto en mancomun 

Anuncios